O I Concilio de Braga foi un concilio que tivo lugar na cidade homónima do norte de Portugal (entón capital do reino dos suevos), entre o 1 de maio de 561 e 563, por ordenamento do rei Teodomiro. Presidiuno Lucrecio, bispo titular de Braga. Acudiron bispos da Gallaecia e do norte da Lusitania.
Tivo o apoio do Papa Xoán III, e declarou anatema todos aqueles que acreditasen en doutrinas de tipo maniqueísta, como os priscilianistas.
O concilio remarcou a doutrina da Santa Trindade, segundo a cal hai un só Deus que existe en tres persoas: Pai, Fillo e Espírito Santo, contrariamente á afirmación priscilianista de que só existía unha persoa.
Así mesmo lembrou a crenza católica da existencia de Deus Fillo antes de nacer da Virxe María.
Bispos do primeiro Concilio de Braga: